martes, 31 de xaneiro de 2017

O noso proxecto


Unha vez escollido o tema das Intelixencias Múltiples, teríamos que escoller un proxecto para levalo a cabo, e despois de barallar distintas opcións, pensamos que a revista dixital é o máis adecuado, pois permite mostrarlle ós docentes un proxecto para levar a cabo na aula e que van poder utilizar na mesma e ensinar ós nenos/as a través dun proxector.
Desta maneira, tamén poderá acceder a enlaces dende a aula para ver os distintos recursos que presentamos (cómic, vídeos...), e as ilustracións que podemos incluír na revista axudarannos a que os nenos/as aprendan dunha forma máis visual e interactiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario