Experiencias prácticas

Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos para a aula. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de abril de 2017

Revista dixital

O recurso que nos pareceu máis adecuado para expoñer o noso proxecto foi unha revista dixital, na que explicamos a maneira de adaptar as Intelixencias Múltiples á aula.
Aquí tedes o enlace: https://es.calameo.com/read/005171248911ff3e0f9f3
Esperamos que vos guste!

mércores, 5 de abril de 2017

Discovery Education

A través da páxina web Discovery Education creei un laberinto, que poderá ser impreso e entregado ós nenos/as na aula para que o resolvan. Desta maneira, estase desenvolvendo a intelixencia espacial, pois o neno/a deberá de saber como escapar do centro do cuadrado trazando unha liña.
O laberinto creado é o seguinte:

martes, 4 de abril de 2017

Intelixencia espacial

Outra intelixencia existente é a Intelixencia Espacial que recolle a habilidade de observar o mundo e os obxectos de diferentes perspectivas.
Así pois, as persoas que destacan nesta intelixencia teñen altas capacidades que permiten idear imaxes mentais, debuxar, etc. 
Unha actividade que se pode levar a cabo para exercitar esta intelixencia é a realización de debuxos caleidoscópicos estilo mandalas. Para iso existe a aplicación "Myoats" que permite realizar eses debuxos e de igual forma tamén permite realizar axustes como configurar cores, os tipos de pinceis, etc.
Eu opino que esta actividade, ademais de entreter ós nenos/as, fará que desenvolvan a súa Intelixencia Espacial, que lles será moi importante.
Un exemplo de os diseños que podedes realizar é o seguinte: 


Intelixencia naturalista


Para poder traballar a Intelixencia Naturalista na aula, podemos empregar Flashcards generator, un xerador de tarxetas de vocabulario para imprimir que funciona elixindo un tema determinado, e a partir de aí elixir o tamaño das tarxetas, tendo a opción de incluír imaxes
O tema a traballar neste exercicio son os animais, desenvolvendo así a Intelixencia Naturalista. Deste xeito, os nenos e nenas poden aprender os animais, que ademais tamén se pode converter nun xogo de adiviñanzas.

Un exemplo de tarxetas con imaxes e texto para esta intelixencia é o seguinte:


Mindmeister

A continuación mostramos un mapa conceptual, creado a través da páxina mindmeister, mediante o cal obtemos información sobre as intelixencias múltiples e nos axudará a ter a idea principal da que trata o tema.
Aquí temos o enlace https://mm.tt/873170310?t=VukcAAOxF6
Eu creo que ésta actividade é adecuada para introducir o tema sobre as intelixencias múltiples dado que mostra a súa base e, antes de explicalo, con éste mapa obteríase unha idea rápida do que vai tratar.

mércores, 29 de marzo de 2017

Ardora

Ardora é unha aplicación que permite ós docentes crear actividades web de distinto tipo (crucigramas, xogos de palabras, test...).
Neste caso, creei un encrucillado de números no que os nenos/as deberán de completar unha cuadrícula de sumas e restas para dar así co resultado correcto.
Paréceme unha actividade interesante, pois o alumnado está desenvolvendo unha das intelixencias múltiples: a Intelixencia Matemática.
A actividade é a seguinte:


martes, 28 de marzo de 2017

Deckerix

A seguinte actividade multimedia trata sobre unha sopa de letras na cal debes encontrar as 8 intelixencias múltiples das cales falamos no noso blog.
O enlace é este: http://deckerix.com/modulos/juegos/sopadeletras/jugar.php?idSopa=357291



Intelixencia lingüístico-verbal


Para exercitar a intelixencia lingüístico-verbal emprégase a ferramenta de xerador de exercicios de caligrafía da plataforma "mclibre.org".
O proceso para a realización desta actividade é moi sinxelo. O docente (ou mesmo a nai ou o pai) só ten que introducir un texto e por un título para o mesmo. Nese mesmo instante a plataforma xera unha plantilla para que o neno ou nena realice a copia da caligrafía e deste xeito exercitar a intelixencia correspondente.

Neste exercicio xerado por nós mesmos o neno ou nena deberá copiar unha adiviña e a súa resposta que aparece de posteriormente.

 

mércores, 22 de marzo de 2017

Hot potatoes

A actividade realizada co esquema JCross pertencente a Hot Potatoes e destinada a crear crucigramas para explicar as Intelixencias Múltiples na aula é a seguinte:













Creo que este é un recurso que fará que os nenos/as poidan entender as Intelixencias Múltiples dunha forma máis lúdica en lugaer de limitarse únicamente ás explicacións teóricas.

martes, 21 de marzo de 2017

Kubbu

Mediante Kubbu creamos a seguinte actividade na cal se trata de relacionar casos prácticos cos campos das intelixencias múltiples ós que corresponden.
O exercicio encóntrase no seguinte enlace: http://www.kubbu.com/a1/91482_relaciona
O meu parecer, este exercicio é interesante dado que traballamos sobre o tema mediante casos prácticos en vez de con teoría, e nel vense situacións cotidianas que nos fará entender as intelixencias múltiples dende outro punto de vista.

martes, 14 de marzo de 2017

Webquest: As Intelixencias Múltiples

Ante a imposibilidade de poder extraer o enlace da webquest, realizáronse capturas de pantalla sobre a mesma, que aparecen aquí representadas:





Hot potatoes

Hot potatoes é unha ferramenta constituída por varios esquemas predeterminados (JCloze, JMatch, JQuiz, JCross, JMix) que serven para elaborar distintos tipos de exercicios interactivos multimedia.
Creo que é uha ferramenta moi útil á hora de elaborar sopas de letras, cuestionarios...
Dentro desta ferramenta realicei dúas actividades, unha con JMatch e outra con JCross.
A actividade creada con JMatch está destinada a desenvolver a intelixencia musical:



A actividade con JCross subirase na seguinte entrada.

Educaplay

Esta actividade trata sobre unha das intelixencias múltiples, a lingüística, e esta consiste en ordear una serie de palabras para formar unha frase con un significado coherente.
O enlace é o seguinte:  https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2973633/html5/ordea_as_palabras.htm

Na miña opinión, este tipo de actividades está moi ben para os nenos e nenas de educación primaria dado o seu uso sencillo do recurso e porque nel podemos traballar non so a coherencia de frases senon que tamen segundo o significado da frase fomentamos a adquisición de coñecementos.

Traballando a intelixencia matemática



Nesta actividade, traballarase a intelixencia matemática por medio dunhas balanzas. Na actividade, o alumno/a debe descubrir o valor da X para que a balanza pese teña o mesmo valor dun lado que doutro. Deste modo, debe sumar o valor dos cadrados de cada parte da balanza e despois investigar sobre que valor debe ter a X para que sumen o mesmo.




mércores, 22 de febreiro de 2017

Cómic sobre as Intelixencias Múltiples

O recurso empregado para falar neste caso sobre as Intelixencias Múltiples é o de un cómic creado a través da aplicación PowToon e para poder acceder a él deberase entrar no seguinte enlace https://www.powtoon.com/online-presentation/dHbqLyQc79S/intelixencias-multiples/?mode=movie

martes, 14 de febreiro de 2017

Reflexión final sobre a busca de recursos


Estes 9 recursos que presentamos son de gran axuda dado que mediante elas os usuarios poden obter información sobre as intelixencias múltiples, potencialas e desenvolvelas dunha forma innovadora, diferente e lúdica. 
Cada recurso apórtanos unha forma diferente de aprender algo novo sobre éste tema, e de forma diferente, para que acadar coñecemento sobre as intelixencias non sexa monótono.
Tamén da a opción a que os docentes ofrezcan aos seus alumnos distintas formas de afrontar este tema.