Xa para rematar, cómpre destacar que a realización do proxecto foi satisfactoria e cun resultado que, a pesar das dificultades que tivemos na realización, conseguimos sacar adiante.
Grazas a este proxecto conseguimos saber máis dun tema moi interesante e aplicable á aula como son as Intelixencias Múltiples, do que apenas tiñamos coñecemento.
Esperamos que o proxecto sexa do voso agrado, e incluso que se vos gusta o apliquedes.
Un saúdo.
Experiencias prácticas
Amosando publicacións coa etiqueta Publicado por Joseba Delgado Parada b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Publicado por Joseba Delgado Parada b>. Amosar todas as publicacións
martes, 9 de maio de 2017
Proxectos na aula
Os proxectos que se presentaron na aula no día de hoxe foron 4: dous deles realizáronse a través dunha Webques (un deles falou sobre o Entroido e outro sobre a protección de datos na rede), outro levouse a cabo mediante un vídeo cuxa temática era a atención á diversidade e por último o noso falaba sobre as Intelixencias Múltiples a través dunha revista dixital.
Para rematar, eu opino que todos os proxectos foron moi interesantes e teñen unha adaptación práctica sinxela e efectiva, e que en caso de ter que realizar outro proxecto, seríamos capaces de realizalo moito mellor tras ver as diferentes propostas de hoxe.

Presentación do informe
O recurso empregado para a presentación do proxecto trátase dun Power Point a través do cal poderemos apoiar os nosos argumentos sobre a revista dixital que realizamos
O enlace para acceder a este é o seguinte: https://docs.google.com/presentation/d/1k7yyQYcT048Q24NLpuniAjp7pH785A4IAAmzyfe5oDY/edit?usp=sharing
O enlace para acceder a este é o seguinte: https://docs.google.com/presentation/d/1k7yyQYcT048Q24NLpuniAjp7pH785A4IAAmzyfe5oDY/edit?usp=sharing
Informe sobre a revista dixital
Unha vez rematada a revista dixital, realizamos un informe acerca da mesma cunha serie de apartados: xustificación, contexto, contexto curricular, actividades a realizar, conclusións, referencias bibliográficas e electrónicas e anexos.
O informe é o que se presenta a continuación:https://docs.google.com/document/d/1mOjgBEkOLXnAspOgzeGU9TjFUSUIskPx6735mmbo7Jc/edit?usp=sharing
O informe é o que se presenta a continuación:https://docs.google.com/document/d/1mOjgBEkOLXnAspOgzeGU9TjFUSUIskPx6735mmbo7Jc/edit?usp=sharing
xoves, 4 de maio de 2017
Multipleskids
Á hora de crear un blog, é moi importante a búsqueda de información sobre a temática que se vai tratar, ver outros blogs similares para contrastar información, empregar distintas páxinas web...
Unha das páxinas que empregamos foi www.multipleskids.com, destinada á aplicación das Intelixencias Múltiples na aula.
Esta páxina, ademais de dar unha explicación sobre as Intelixencias Múltiples, presenta outros apartados como por exemplo xogos educativos online, e vídeos e apps educativas nas que se desenvolven as Intelixencias Múltiples.
Por esta razón, opino que é unha páxina moi útil, pois ademais de aportar información teórica, tamén aporta información sobre recursos e aplicacións TIC para empregar no noso blog.

venres, 28 de abril de 2017
Revista dixital
O recurso que nos pareceu máis adecuado para expoñer o noso proxecto foi unha revista dixital, na que explicamos a maneira de adaptar as Intelixencias Múltiples á aula.
Aquí tedes o enlace: https://es.calameo.com/read/005171248911ff3e0f9f3
Esperamos que vos guste!
Aquí tedes o enlace: https://es.calameo.com/read/005171248911ff3e0f9f3
Esperamos que vos guste!
mércores, 5 de abril de 2017
Discovery Education
A través da páxina web Discovery Education creei un laberinto, que poderá ser impreso e entregado ós nenos/as na aula para que o resolvan. Desta maneira, estase desenvolvendo a intelixencia espacial, pois o neno/a deberá de saber como escapar do centro do cuadrado trazando unha liña.
O laberinto creado é o seguinte:
O laberinto creado é o seguinte:
Draw Something
Draw Something é un xogo social que consiste en que unha persoa debe de debuxar unha situación que outras persoas deberán de adiviñar.
É un xogo grupal e ideal para que os nenos/as xoguen con amigos ou coa familia, co que disfrutarán aprendendo en grupo e desenvolvendo unha intelixencia interpersoal, pois fará que teñamos que intentar comprender ás persoas que están facendo a representación.

mércores, 29 de marzo de 2017
MusiQuest
Esta aplicación para iOS permite ós nenos/as aprender algo máis que cuestións sobre melodías, xa que por exemplo aborda tamén acordes, inclúe información sobre distintos estilos musicais e compositores e permite crear e reproducir ós nenos/as a súa propia música, incluíndo múltiples instrumentos.
Desta maneira, esta é unha aplicación ideal para desenvolver a intelixencia musical nos nenos/as de Primaria.
Ardora
Ardora é unha aplicación que permite ós docentes crear actividades web de distinto tipo (crucigramas, xogos de palabras, test...).
Neste caso, creei un encrucillado de números no que os nenos/as deberán de completar unha cuadrícula de sumas e restas para dar así co resultado correcto.
Paréceme unha actividade interesante, pois o alumnado está desenvolvendo unha das intelixencias múltiples: a Intelixencia Matemática.
A actividade é a seguinte:

mércores, 22 de marzo de 2017
Barefoot World Atlas
Barefoot World Atlas é unha aplicación perfecta para os nenos/as apasionados pola xeografía. Os nenos/as poderán pasear polo mundo empregando os seus dedos, agrandando cada continente e facendo click nas características dos lugares, os animais e as paisaxes.
Dende o meu punto de vista, é un recurso perfecto para desenvolver a intelixencia naturalista, pois o alumnado pode ir descubrindo as distintas paisaxes do mundo sen moverse da aula/casa.
Dende o meu punto de vista, é un recurso perfecto para desenvolver a intelixencia naturalista, pois o alumnado pode ir descubrindo as distintas paisaxes do mundo sen moverse da aula/casa.
Hot potatoes
A actividade realizada co esquema JCross pertencente a Hot Potatoes e destinada a crear crucigramas para explicar as Intelixencias Múltiples na aula é a seguinte:
Creo que este é un recurso que fará que os nenos/as poidan entender as Intelixencias Múltiples dunha forma máis lúdica en lugaer de limitarse únicamente ás explicacións teóricas.
Creo que este é un recurso que fará que os nenos/as poidan entender as Intelixencias Múltiples dunha forma máis lúdica en lugaer de limitarse únicamente ás explicacións teóricas.
martes, 14 de marzo de 2017
ThatQuiz
ThatQuiz é unha aplicación que xenera diversos tipos de exercicios de matemátcias(números enteiros, fraccións, xeometría, medidas, unidades...), vocabulario(en inglés, en español, en francés e en alemán) e xeografía, polo que eu penso que mentres se están adquirindo coñecementos sobre diversas áreas, podería ser un recurso útil á hora de traballar na aula a intelixencia matemática, espacial e lingüística.
Hot potatoes
Hot potatoes é unha ferramenta constituída por varios esquemas predeterminados (JCloze, JMatch, JQuiz, JCross, JMix) que serven para elaborar distintos tipos de exercicios interactivos multimedia.
Creo que é uha ferramenta moi útil á hora de elaborar sopas de letras, cuestionarios...
Dentro desta ferramenta realicei dúas actividades, unha con JMatch e outra con JCross.
A actividade creada con JMatch está destinada a desenvolver a intelixencia musical:
A actividade con JCross subirase na seguinte entrada.

martes, 21 de febreiro de 2017
Stopmotion
Dentro das ferramentas TIC que se nos presentaron para realizar atópanse cómics, videotutoriais, stopmotion...
Nós escollemos o cómic, concretamente a aplicación Powtoon, pero outro recurso interesante é o Stopmotion.
O Stopmotion consiste nunha técnica de animación na que se aparenta o movemento de obxectos que están estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Actualmente esta técnica está algo esquecida debido ó avance da animación dixital, pero eu penso que presenta moitas ventaxas, como presentar texturas e volumes realistas, ademais dunha maior facilidade para realizar algúns efectos especiais.

martes, 14 de febreiro de 2017
Reflexión final sobre a busca de recursos
Estes 9 recursos que presentamos son de gran axuda dado que mediante elas os usuarios poden obter información sobre as intelixencias múltiples, potencialas e desenvolvelas dunha forma innovadora, diferente e lúdica.
Cada recurso apórtanos unha forma diferente de aprender algo novo sobre éste tema, e de forma diferente, para que acadar coñecemento sobre as intelixencias non sexa monótono.
Tamén da a opción a que os docentes ofrezcan aos seus alumnos distintas formas de afrontar este tema.
Tamén da a opción a que os docentes ofrezcan aos seus alumnos distintas formas de afrontar este tema.
martes, 7 de febreiro de 2017
Recursos dixitais aplicados á práctica
Os recursos que atopei foron unha imaxe dun cerebro na que aparecen representadas os 8 tipos de intelixencias múltiples (https://tutoriadetardeblog.wordpress.com/2016/05/11/inteligencias-multiples/), un vídeo do programa de Eduard Punset sobre as intelixencias múltiples (http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-inteligencias-multiples-educacion-personalizada/1270216/) e un vídeo no que se mostran as experiencias dun curso impartido para desenvolver as intelixencias múltiples na aula (https://youtu.be/idNJFu7qX80)
Estes recursos permítennos achegarnos máis a esta temática dunha forma práctica.
A imaxe do cerebro mostra unha representación gráfica do lugar do cerebro no que se atopa cada intelixencia, o vídeo mostra unha explicación máis profundizada sobre as intelixencias da man de expertos sobre o tema e o curso permítenos ver como pouco a pouco se vai introducindo o desenvolvemento das intelixencias na aula, formando desta maneira ós docentes.

martes, 31 de xaneiro de 2017
As intelixencias múltiples, por que?
A elección desta temática débese ao interese na mesma e o desexo de sacar á luz un término que engloba diversos tipos de intelixencia, escapándose así da definición tradicional.
A pesar do grande interese que posúe o tema, o concepto de intelixencias múltiples aínda non se atopa dentri da sociedade, por iso investigaremos sobre o tema para poder informarnos e informar ás demais persoas, teórica e practicamente.

O noso proxecto
Unha vez escollido o tema das Intelixencias Múltiples, teríamos que escoller un proxecto para levalo a cabo, e despois de barallar distintas opcións, pensamos que a revista dixital é o máis adecuado, pois permite mostrarlle ós docentes un proxecto para levar a cabo na aula e que van poder utilizar na mesma e ensinar ós nenos/as a través dun proxector.
Desta maneira, tamén poderá acceder a enlaces dende a aula para ver os distintos recursos que presentamos (cómic, vídeos...), e as ilustracións que podemos incluír na revista axudarannos a que os nenos/as aprendan dunha forma máis visual e interactiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)