Draw Something é un xogo social que consiste en que unha persoa debe de debuxar unha situación que outras persoas deberán de adiviñar.
É un xogo grupal e ideal para que os nenos/as xoguen con amigos ou coa familia, co que disfrutarán aprendendo en grupo e desenvolvendo unha intelixencia interpersoal, pois fará que teñamos que intentar comprender ás persoas que están facendo a representación.
Experiencias prácticas
- Experiencias prácticas
- Ferramentas TIC
- Recursos para a aula
- Reflexións teóricas
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 5 de abril de 2017
martes, 4 de abril de 2017
Worksheets Generadores
Worksheets é unha aplicación que permite xerar diversos exercicios e xogos de vocabulario coa posibilidade de imprimir para a clase la lingua extranxeira inglesa.
Con esta aplicación pódense xerar follas de caligrafías para un tema escollido, tarxetas de vocabulario, xogos de dados, exercicios tipo test, tarxeta de bingo, tablero de imaxes para desenrolar xogos de mesa, etc.
Deste xeito, esta aplicación serve de gran utilidade para todos os usuarios para a lingua extranxeira e emplear calquer exercicio ou xogo e así desenrolar a intelixencia lingüística
A continuación podedes observar un exemplo dos xogos que se poden realizar entre outros existentes
Tikatok
A ferramenta Tikatok é unha aplicación web, en línea, que nos ofrece a posibilidade da creación de contos ilustrados de forma sencilla. En ela encontramonos con todas as opcións que nos permiten deseñar a nosa historia.
Esta aplicación e totalmente gratuita e para poder empregala tan só debemos crear unha conta na súa páxina na cal hai que poñer uns datos básicos.
Unha vez rexistrados hai que escoller a plantilla que se desexa empregar e na cal se debe introducir o texto do conto que desexamos crear e insertar as imáxenes que o ilustrarán. Podemos personalizar o texto co estilo e cor que desexamos e tamén a cor das páxinas.
A aplicación Tikatok permitenos gardar e compartir o resultado se así o desexamos.
Mi ayudante
"Mi ayudante" é un xerador de crucigramas que facilita a posta en práctica e o exercicio de todas as intelixencias múltiples. Esta aplicación é moi sinxela de empregar, tan solo debes escribir o número de palabras que contendrá o mesmo crucigrama e adxuntar as definicións para poder resolvelo.
A resolución pódese realizar de forma online ou, de igual forma, o docente ou persoa que quera realizar o exercicio, pode imprimilo para resolvelo en formato de papel.
Este tipo de aplicacións é moi útil tanto para alumnos e alumnas como para os/as docentes e familiares que buscan que os nenos e nenas exerciten todas as intelixencias múltiples. Esta posibilidad de exercitar calquera intelixencia débese a posibilidade de crear o crucigrama e elexir o contido a traballar.
mércores, 29 de marzo de 2017
MusiQuest
Esta aplicación para iOS permite ós nenos/as aprender algo máis que cuestións sobre melodías, xa que por exemplo aborda tamén acordes, inclúe información sobre distintos estilos musicais e compositores e permite crear e reproducir ós nenos/as a súa propia música, incluíndo múltiples instrumentos.
Desta maneira, esta é unha aplicación ideal para desenvolver a intelixencia musical nos nenos/as de Primaria.
martes, 28 de marzo de 2017
Mindomo
Mindomo é unha aplicación nube que ofrece a opción de crear, compartir e ver mapas conceptuales.
Calquer persona pode empregala, tan só se hai que rexistrar na súa web. En ela encontrarémonos con dúas opcións as cales unha esta pensada máis para o ámbito da docencia e a outra a realizar proyectos de distinto ámbito e na que se pode cooperar con terceiros.
Pódese acceder dende calquer navegador e a aplicación é gratuita. Permitenos gardar e compartir ata tres mapas conceptuales e un proyecto.

Puzzlemaker
É moi importante coñecer e sber empregar distintas ferramentas para a realización de tarefas ou actividades sobre as Intelixencias Múltiples.
Neste caso imos presentar unha ferramenta chamada "Puzzlemaker" que permite xerar puzzles, sopas de letas, crucigramas, laberintos e eexercicios similares e que se pode aplicar a todas as intelixencias existentes. Esta ferramenta é gratuita e non obliga a rexistrarse previamente, polo que está ao alcance de todas as persoas, tanto docentes como nais e pais. Así pois, pódese empregar tanto no ámbito educativo como no doméstico.
¡Anímate a probalo!
mércores, 22 de marzo de 2017
Barefoot World Atlas
Barefoot World Atlas é unha aplicación perfecta para os nenos/as apasionados pola xeografía. Os nenos/as poderán pasear polo mundo empregando os seus dedos, agrandando cada continente e facendo click nas características dos lugares, os animais e as paisaxes.
Dende o meu punto de vista, é un recurso perfecto para desenvolver a intelixencia naturalista, pois o alumnado pode ir descubrindo as distintas paisaxes do mundo sen moverse da aula/casa.
Dende o meu punto de vista, é un recurso perfecto para desenvolver a intelixencia naturalista, pois o alumnado pode ir descubrindo as distintas paisaxes do mundo sen moverse da aula/casa.
martes, 21 de marzo de 2017
Quizbox
Quizbox é unha ferramenta de gran utilidade mediante a cal podemos crear cuestionarios, do tema que escollamos, de resposta simple ou múltiple e que ofrece a oportunidade de autocorrección.
Detalles de esta aplicación é que a podemos empregar dende a web sen ter que descargala. A páxina está en inglés pero o seu uso é moi sencillo. Tamen trae unha guía para o seu uso e poder ir completando os campos requeridos para a creación do formulario final.

martes, 14 de marzo de 2017
Quizlet
Quizlet é unha ferramenta mediante a cal se crean tarxetas con contidos educativos incluindo textos e imaxes. O interesante dela é que tras crear as tarxetas, a propia ferramenta fai actividades e xogos, de forma automática, que son de gran utilidade na aula. É adecuada para materias de idiomas dado que ofrece audio dos textos e palabras empregadas.
Detalles desta ferramenta é que hai que rexistrarse na web pero é gratuita. O seu uso é moi sencillo.
As utilidades didácticas que ten son as de elaborar tarxetas para traballar o vocabulario de calquer idioma, para afianzar a escritura e pronunciación. A de crear actividades de clasificar contidos con axuda de imaxes, descripcións breves e pódese elaborar fichas sobre personajes ilustres, fichas de vocabulario para infantil, temas de Xeografía, acontecementos históricos, etc.

ThatQuiz
ThatQuiz é unha aplicación que xenera diversos tipos de exercicios de matemátcias(números enteiros, fraccións, xeometría, medidas, unidades...), vocabulario(en inglés, en español, en francés e en alemán) e xeografía, polo que eu penso que mentres se están adquirindo coñecementos sobre diversas áreas, podería ser un recurso útil á hora de traballar na aula a intelixencia matemática, espacial e lingüística.
Cuadernia online
Nesta entrada poderedes coñecer unha ferramenta para crear
materiais educativos de gran utilidade. Esta ferramenta chámase "Cuadernia
Online" que é unha ferramenta fácil para a creación e difusión para a
creacción e difusión de materiais educativos dixitais. De igual forma permite
crear de forma dinámica e visual cuadernos dixitais que poden conter
información e actividades.
Esta ferramenta resulta moi útil tanto para docentes como un
elemento de apoio nas clases para a explicación do temario e para os alumnos e
alumnas á hora de por en practica os seus coñecementos e aprender de forma máis
práctica
martes, 21 de febreiro de 2017
Toontastic
Dentro das ferramentas TIC encontrámonos con algunhas aplicacións como por exemplo stopmotion, videos tutoriais, programa atube-catcher...
Un dos que escollemos para explicar é a aplicación Toontastic a cal foi creada por Google e dirixida aos nenos e nenas de entre 6 e 8 anos fundamentalmente, para que eles e elas poidan crear os seus propios debuxos animados, narracións e historias que a eles lles gusten.
As vantaxes que ofrece esta aplicación é que é moi fácil de manexar dado que os nenos e nenas so teñen que mover as personaxes pola pantalla e a propia aplicación se encarga de rexistrar as súas voces e diálogos.
Os nenos e nenas poden empregar personaxes xa existentes ou mesmo crear personaxes propias grazas ás ferramentas de 3D que inclúe.
Tamén cabe destacar que esta aplicación é totalmente gratuita.

Stopmotion
Dentro das ferramentas TIC que se nos presentaron para realizar atópanse cómics, videotutoriais, stopmotion...
Nós escollemos o cómic, concretamente a aplicación Powtoon, pero outro recurso interesante é o Stopmotion.
O Stopmotion consiste nunha técnica de animación na que se aparenta o movemento de obxectos que están estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Actualmente esta técnica está algo esquecida debido ó avance da animación dixital, pero eu penso que presenta moitas ventaxas, como presentar texturas e volumes realistas, ademais dunha maior facilidade para realizar algúns efectos especiais.

Videotutoriais
No proceso da elaboración do blog e na elección das ferramentas TIC atopámonos con diversos tipos como é por exemplo o videotutorial.
Un videotutorial son tutoriales elaborados en vídeo por cidadáns coñecedores de un tema determinado e que constitúe unha ferramenta de gran utilidade para calquer mestre, pai, nai, ou persoa que quera investigar ou aprender sobre algo en especial.
Esta ferramenta TIC está presente en moitas ocasións e existe de diversos tipos, polo que son moitas persoas as que recurren a ela.
No caso do noso blog realizouse un cómic explicativo sobre as intelixencias múltiples, que tamén se trata dunha ferramenta TIC de gran relevancia.
Aqui deixamosvos un exemplo de videotutorial neste caso sobre un tipo de intelixencia múltiple
martes, 7 de febreiro de 2017
Recursos dixitais atopados na rede
Dentro dos recursos buscados e analizados atópanse un test de Intelixencias multiples (https://www.psicoactiva.com/tests/inteligencias-multiples/test-inteligencias-multiples.htm), Google Art Project (https://www.google.com/culturalinstitute/beta/) e un vídeo das intelixencias múltiples (https://www.youtube.com/watch?v=r26_aNFc2as).
Estes recursos son moi variados á par que diversos e entretidos. Neles podemos entender o que son as intelixencias múltiples de forma moi sinxela e gráfica, podemos tamén observar (tras realizar o test) cales son as intelixencias múltiples que temos máis desenroladas, e por último podemos viaxar por diversos museos do mundo a golpe de "click" e así adquirir coñecementos sen ter que sair da aula.
Dende o meu punto de vista se tratan de tres recursos TIC moi atractivos e que poderían aplicarse tanto en aulas como fora delas para que o alumnado se informe de forma correcta e descubrir a temática tratada neste blog.

Recursos Tic para fomentar as Intelixencias Múltiples
Entre os recursos Tic que buscamos para coñecer e fomentar as intelixencias múltiples encontramos un mapa conceptual (http://www.totemguard.com/aulatotem/images/Mapa_Conceptual_Howard_Gardner_recursostic.png), un libro virtual do autor Howard Gardner (http://educreate.iacat.com/Maestros/Howard_Gardner_-_Estructuras_de_la_mente.pdf) e xogos que permiten desenvolver as intelixencias multiples na aula (http://www.hacerfamilia.com/ninos/noticia-inteligencias-ninos-juegos-potenciarlas-20150519122403.html).
Estes recursos Tic que se propoñen son ferramentas de axuda os cales proporcionan aos nenos/as e adultos/as, coñecementos sobre estas intelixencias para obter mais información sobre elas e como se poden desenvolver en cada etapa da vida. Todo esto proporcionase dunha forma lúdica, con ideas claras e básicas as cales facilitan o coñecemento deste amplio tema.
O miña opinion sobre estes recursos é positiva dado que no mapa conceptual podemos observar as ideas principales do temario, e facernos con unha idea e estructura básica fácil de comprender; o libro virtual axudanos a profundizar en cada unha das intelixencias, coñecendo sobre elas o positivo e negativo de cada unha; e os xogos favorecen ao desenvolvemento destas intelixencias de forma lúdica conseguindo que sexan tareas entretenidas.
Recursos dixitais aplicados á práctica
Os recursos que atopei foron unha imaxe dun cerebro na que aparecen representadas os 8 tipos de intelixencias múltiples (https://tutoriadetardeblog.wordpress.com/2016/05/11/inteligencias-multiples/), un vídeo do programa de Eduard Punset sobre as intelixencias múltiples (http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-inteligencias-multiples-educacion-personalizada/1270216/) e un vídeo no que se mostran as experiencias dun curso impartido para desenvolver as intelixencias múltiples na aula (https://youtu.be/idNJFu7qX80)
Estes recursos permítennos achegarnos máis a esta temática dunha forma práctica.
A imaxe do cerebro mostra unha representación gráfica do lugar do cerebro no que se atopa cada intelixencia, o vídeo mostra unha explicación máis profundizada sobre as intelixencias da man de expertos sobre o tema e o curso permítenos ver como pouco a pouco se vai introducindo o desenvolvemento das intelixencias na aula, formando desta maneira ós docentes.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)