xoves, 4 de maio de 2017

Multipleskids

Á hora de crear un blog, é moi importante a búsqueda de información sobre a temática que se vai tratar, ver outros blogs similares para contrastar información, empregar distintas páxinas web...
Unha das páxinas que empregamos foi www.multipleskids.com, destinada á aplicación das Intelixencias Múltiples na aula.
Esta páxina, ademais de dar unha explicación sobre as Intelixencias Múltiples, presenta outros apartados como por exemplo xogos educativos online, e vídeos e apps educativas nas que se desenvolven as Intelixencias Múltiples.
Por esta razón, opino que é unha páxina moi útil, pois ademais de aportar información teórica, tamén aporta información sobre recursos e aplicacións TIC para empregar no noso blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario