martes, 9 de maio de 2017

Os proxectos expostos

No día de hoxe realizáronse as exposicións dos 4 equipos do noso grupo de clase. Un deles tratou sobre a atención a diversidade, e realizouse o proxecto mediante un vídeo interactivo. As outras duas exposicións traballaron, mediante Webquest, un a temáticas do Entroido e outro a protección de datos na rede. O outro proxecto foi o que realizou o noso equipo, que a través dunha revista dixital que trata sobre as Intelixencias Múltiples, as cales tratamos en este Blog.
Na miña opinión as 4 exposicións tiveron un alto nivel, tanto en contido como o nivel dos expositores. Ademáis agora os 4 equipos sabemos realizar este tipo de proxectos e os seguintes que nos toque facer, conseguiremos rematalos máis rápido e o seu nivel subirá dado que coñecemos os fallos e os acertos nosos e dos demaís, e anticparíamonos a eles na realización dos proxectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario