martes, 9 de maio de 2017

Proxectos na aula

Os proxectos que se presentaron na aula no día de hoxe foron 4: dous deles realizáronse a través dunha Webques (un deles falou sobre o Entroido e outro sobre a protección de datos na rede), outro levouse a cabo mediante un vídeo cuxa temática era a atención á diversidade e por último o noso falaba sobre as Intelixencias Múltiples a través dunha revista dixital.
Para rematar, eu opino que todos os proxectos foron moi interesantes e teñen unha adaptación práctica sinxela e efectiva, e que en caso de ter que realizar outro proxecto, seríamos capaces de realizalo moito mellor tras ver as diferentes propostas de hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario