Quizlet é unha ferramenta mediante a cal se crean tarxetas con contidos educativos incluindo textos e imaxes. O interesante dela é que tras crear as tarxetas, a propia ferramenta fai actividades e xogos, de forma automática, que son de gran utilidade na aula. É adecuada para materias de idiomas dado que ofrece audio dos textos e palabras empregadas.
Detalles desta ferramenta é que hai que rexistrarse na web pero é gratuita. O seu uso é moi sencillo.
As utilidades didácticas que ten son as de elaborar tarxetas para traballar o vocabulario de calquer idioma, para afianzar a escritura e pronunciación. A de crear actividades de clasificar contidos con axuda de imaxes, descripcións breves e pódese elaborar fichas sobre personajes ilustres, fichas de vocabulario para infantil, temas de Xeografía, acontecementos históricos, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario