martes, 21 de febreiro de 2017

Stopmotion

Dentro das ferramentas TIC que se nos presentaron para realizar atópanse cómics, videotutoriais, stopmotion...
Nós escollemos o cómic, concretamente a aplicación Powtoon, pero outro recurso interesante é o Stopmotion.
O Stopmotion consiste nunha técnica de animación na que se aparenta o movemento de obxectos que están estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
Actualmente esta técnica está algo esquecida debido ó avance da animación dixital, pero eu penso que presenta moitas ventaxas, como presentar texturas e volumes realistas, ademais dunha maior facilidade para realizar algúns efectos especiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario