martes, 21 de febreiro de 2017

Toontastic

Dentro das ferramentas TIC encontrámonos con algunhas aplicacións como por exemplo stopmotion, videos tutoriais, programa atube-catcher...
Un dos que escollemos para explicar é a aplicación Toontastic a cal foi creada por Google e dirixida aos nenos e nenas de entre 6 e 8 anos fundamentalmente, para que eles e elas poidan crear os seus propios debuxos animados, narracións e historias que a eles lles gusten.
As vantaxes que ofrece esta aplicación é que é moi fácil de manexar dado que os nenos e nenas so teñen que mover as personaxes pola pantalla e a propia aplicación se encarga de rexistrar as súas voces e diálogos.
Os nenos e nenas poden empregar personaxes xa existentes ou mesmo crear personaxes propias grazas ás ferramentas de 3D que inclúe.
Tamén cabe destacar que esta aplicación é totalmente gratuita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario